loader

Play

Todos temos soños, proxectos, ambicións,
paixóns, que queremos cumprir

A xente que se permite vivir a vida como quere, acada o auténtico equilibrio.
Presentamos a nosa nova campaña. Para ir pola vida sen rede, fai falla equilibrio.

A química da auga Cabreiroá
El agua equilibrada para gente que no para
Verificado polo Laboratorio Dr. Oliver Rodés (Barcelona, febrero de 2014)

Cabreiroá é unha auga mineral equilibrada, o que significa que ten un nivel de mineralización lixeiramente superior á media como consecuencia da súa formación no subsolo granítico de Ourense.

Cabreiroá axuda de forma eficiente a mellorar a hidratación e manter un ritmo de vida activo grazas ao seu maior contido en sílice, un compoñente activo relevante a nivel biolóxico que converte esta auga nunha fonte de saúde e equilibrio para ti e mais os teus.

DescUbre a historia de Cabreiroá

Descubre a historia de Cabreiroá
Das montañas de Ourense a saciar a sede dun premio Nobel
S. XIX
Unha auga nacida nas profundidades de Galicia
S.XIX
Unha auga nacida nas profundidades de Galicia

Cabreiroá sae á luz en Verín, na provincia de Ourense, onde xa desde finais do século XIX o manancial era coñecido polas bondades da súa auga mineral. Durante anos a súa fama chegou ao extremo de converter o seu incrible contorno nun lugar de peregrinación onde gozar da auga pura, fresca e transparente que brotaba das profundidades da terra.

S. XX
A auga dun premio Nobel e o nacemento da planta de envasado
1906
A auga dun premio Nobel e o nacemento da planta de envasado

En 1906 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina Ramón y Cajal certificou o valor mineromedicinal das augas do manancial de Cabreiroá. Isto, unido ao éxito do manancial, favoreceu a proxección da zona e levou á construción en 1907 dun hotel balneario e unha planta de envasado que proporcionaría a auga Cabreiroá a calquera lugar.

A axitada vida do balneario e o crecemento da embotelladora
1936
A axitada vida do balneario e o crecemento da embotelladora

Entre 1910 e 1936 o balneario consigue un gran esplendor, pero este trúncase durante a Guerra Civil, que motivou a súa transformación en cuartel e hospital. Despois da súa reapertura posterior terminou pechando definitivamente as súas portas no ano 1961 e, durante este tempo, foi a actividade embotelladora a que foi incrementando o seu peso de forma constante.

S. XXI
De Galicia ao mundo, a entrada da familia Rivera.
2006
De Galicia ao mundo, a entrada da familia Rivera.

En 2006 Hijos de Rivera adquire finalmente a planta embotelladora na súa totalidade e durante os últimos anos investíronse máis de 12 millóns de euros en coidar e manter o manancial coa tecnoloxía máis avanzada para garantir as excelentes condicións das augas e todas as súas propiedades.

De Galicia ao mundo, a entrada da familia Rivera.
2016
110 aniversario

Con motivo de nuestro nuestro 110º aniversario, lanzamos una edición especial, con cuatro botellas de agua mineral dedicadas a cada uno de los elementos que ayudan a dar forma a la naturaleza única de nuestra agua: la lluvia, el cielo, la vegetación y las rocas.

Botella inferior

Cabreiroá | Agua natural de Galicia de mineralización equilibrada

Accesibilidade · Contacto · Aviso legal · Política de privacidade e cookies · © Hijos de Rivera S.A.U. 2017